Ola!
Tes alerxia aos libros? Pásasche todo o día pegado ao MP3? E ademáis pretendes aprobar FOL sen estudar? ¡Iluso!
Bo, non tan iluso, porque aquí tes a solución aos teus problemas:
chegou
FOL EN PÍLULAS, o módulo de Formación e Orientación Laboral pasiño a pasiño.
FOL EN PÍLULAS é unha serie de podcasts( arquivos de audio aos que che podes subscribir con RSS).
Podes escoitalo no teu computador desde este blog ou ben che descargas de internet un arquivo mp3 coas explicacións do teu profesor ( o sexa, eu) e escóitalas a calquera hora e en calquera lugar, cómodamente no teu MP3.
Qué che parece? Vale, vale, podo sentir o teu entusiasmo, pero non me deas as grazas, eu son así....
Por, certo, o tema de fondo dos podcasts chámase
Algo nuevo, e é de QUANT, un grupo ferrolán que podes escoitar en
http://aregueifanetlabel.blogspot.com/search/label/2008Un saúdo.